ghosehttps://amplifi.casa/@/xosem@fediverse.blog/atom.xml2021-10-02T04:25:46.385620+00:00<![CDATA[Subscríbete a gemini con Lagrange]]>https://fediverse.blog/~/ContribuíndoAoFediverso/Subscríbete%20a%20gemini%20con%20Lagrange/2021-10-02T04:25:46.385620+00:00ghosehttps://fediverse.blog/@/xosem/2021-10-02T04:25:46.385620+00:00<![CDATA[
Hai uns días preguntei nunha [sala jabber en castelán adicada a gemini][2] acerca dos GemLogs, os blogs escritos para publicar nun espazo gemini.

Existen instancias gemini, como [flounder.online][3] onde te podes rexistrar e usar unha conta para publicar o que estimes. Nelas, as usuarias poden crear un gemlog ao que te podes subscribir á súa fonte .atom/.rss, como na web.

Servidor personal.

A [miña cápsula gemini][4] está aloxada nun servidor personal, teño acceso á súa configuración, pero tamén coñecementos limitados 😅, así que non me apetece estragar o servidor agora ao principio que aínda estou aprendendo. Nin perdelo tempo de xeito innecesario.

fonte gemini

Pero lendo [este artigo de axuda][5] acerca das Subscricións…

This document describes a convention whereby Gemini clients can “subscribe” to a regularly updated Gemini page (such as the index page of a gemlog) even in the absence of a full-fledged syndication technology like Atom or RSS. It is intended as a lightweight alternative to such technologies to lower the barriers to publishing serial content in Geminispace which can be easily followed without tedious regular manual checking of bookmarks.

onde ven a dicir que se pode crear un gemlog ao que se poden subscribir as usuarias sen precisar complementos ou configuracións engadidas, simplemente dándolle o formato axeitado á páxina. Nesa mesma web vese un exemplo.

Por min perfecto.

Engadir unha fonte: subscribirse a un gemlog co navegador Lagrange

O xeito de subscribirse a un blog depende do cliente, como case todo en gemini, pero Lagrange é un dos navegadores máis utilizados e así que esto é o que fixen para subscribirme.

Estando na páxina do índice do [gemblog ao que queres subscribirte][4], premes o botón secundario e elixes subscribirte á páxina (ou co telcado Ctrl+Maiús+D)

Aparéceche arriba o cadro de diálogo onde lle podes dar un nome (diferente do proposto) e elexir tamén se atende a que aparezan “novos titulares” ou a “ligazóns co formato YYYY-MM-DD”

No panel poderás ver os novos artigos cando se publiquen

Na barra lateral esquerda aparecerán tódolos artigos das fontes ás que te subscribas, ordenadas por data descendente.

Dica persoal

A miña páxina de fontes téñoa establecida como a miña páxina de inicio (gemini://about:feeds), así ao iniciar Lagrange xa se actualiza e vexo que escribiron as miñas fontes.

Engade os teus comentarios comentando o toot indicado.

[2]: xmpp://gemini_es@salas.suchat.org gemini_es@salas.suchat.org
[3]: https://flounder.online
[4]: gemini://gem.xmgz.eu
[5]: https://gemini.circumlunar.space/docs/companion/subscription.gmi

]]><![CDATA[Marcador corazón]]>https://fediverse.blog/~/ContribuíndoAoFediverso/Marcador%20corazón/2021-10-02T04:22:05.225337+00:00ghosehttps://fediverse.blog/@/xosem/2021-10-02T04:22:05.225337+00:00<![CDATA[
Marcador para libros ❤️

un marcador pregrado para marcar a páxina do libro

Partindo dun papel cadrado en dous minutos terás un bonito marcador de páxinas.

marcadores xa rematados

No exemplo que mostro están feitos a partir dun cadrado de 21 cm. de lado -A4-, que probablemente é demasiado grande para un libro normal. Creo que con 14cm. sería máis axeitado.

Vídeo

Fonte: Origami Heart Bookmark Instructions - Paper Kawaii

publicado en peertube

Escolle un papel máis consistente (gordo) que o que se ve no vídeo, pois aínda que dificulta algún dos pregues máis pequenos despois terás un marcador mellor.

Exemplo

este libro de fotografías de gran formato permite apreciar mellor o tamaño dos marcadores que fixen.

os marcadores que eu fixen

Anímate a facelos! e publica unha foto respondendo a esta mensaxe, así aparecerá aquí abaixo nos comentarios 😉

]]><![CDATA[FOMO]]>https://fediverse.blog/~/ContribuíndoAoFediverso/FOMO/2021-10-02T04:19:21.220392+00:00ghosehttps://fediverse.blog/@/xosem/2021-10-02T04:19:21.220392+00:00<![CDATA[
FOMO

Def. Fear of missing out

is a social anxiety stemming from the belief that others might be having fun while the person experiencing the anxiety is not present. It is characterized by a desire to stay continually connected with what others are doing. FOMO is also defined as a fear of regret, which may lead to concerns that one might miss an opportunity for social interaction, a novel experience or a profitable investment. It is the fear that deciding not to participate is the wrong choice.

Anxiety, fear, concers,…

Source: wikipedia

galego

FOMO é o acrónimo en inglés para o síndrome de ter medo a non estar á última. É o sentimento de ansiedade que temos por pensar que outras estano pasando ben mentras nos non estamos presentes. Caracterízase polo desexo de estar en conexión permanente con aquelo que outras están a facer. FOMO tamén se define como o medo a lamentarse, que pode levar á preocupación polas oportunidades perdidas de interactuar socialmente, ou nunha nova experiencia ou inversión rentable. É o medo a que decidir non-participar é a escolla errónea.

with pictures

Source: listen-tome.com, 2016 Matt Lubchansky

en galego

non precisa moita tradución, mais

Olá! e logo que fas?

Aquí, metendo a cabeza neste río de merda. Como fago cada día

parece feliz nestas dúas viñetas

A veces hai cousas interesantes, pero normalmente acabo tolo da cabeza e incluso anoxado.

agora ven a compañeira a botarlle auga ao viño

Non semella bo para a túa saúde física e mental.

Si, probablemente debería deixar de facelo.

dedica a pensalo un par de segundos, probablemente ese pensamento roce a parte analítica e lóxica do cerebro…

máis volve ao choio

espero non estar perdendo nada interesante! SPLOOOSHHHHH!

]]><![CDATA[Colabora con OpenStreetMap (II)]]>https://fediverse.blog/~/ContribuíndoAoFediverso/colabora-con-open-street-map-ii/2021-01-26T05:39:44.003836+00:00ghosehttps://fediverse.blog/@/xosem/2021-01-26T05:39:44.003836+00:00<![CDATA[
Primeira Parte de Colabora con OpenStreetMap, onde xogamos con StreetComplete.

Editor Web “iD”

Manual básico do Editor iD

…e todas esas rutas gravadas polo teu reloxo ou dispositivo móbil?

Pódelas subir a OpenStreetMap de xeito público para que calquera poida editar o mapa grazas a ela; ou de xeito máis privado de forma que só ti poidas utilizala.

En calquera caso, unha vez subida, verás esa traza sobreimpresa no mapa (podendo escoller a imaxe de fondo) e a partir dela engadir novos tramos que non están nel ou información relevante.

Se utilizas unha aplicación libre para android para o rexistro de rutas, como FitoTrack (por exemplo) terás un ficheiro tipo .gpx para subir a OpenStreetMap

FitoTrack no teu android

Se utilizas un reloxo con gps terás acceso tamén a este ficheiro directamente no dispositivo ou ben a través da aplicación (web, móbil,…) que o xestiona. É un ficheiro teu, non da empresa do trebello por moito que algunhas o agochen.

Outra alternativa libre para Android é Opentracks.

Exporta o ficheiro gravado

Unha vez tes o ficheiro gpx súbeo á túa conta en OpenStreetMap e

edítao na súa web

vídeo co proceso, con subtítulos.

subir ficheiro .gpx

entrar no editor

axustar/correxir a ruta aliñando os puntos ou engandindo elementos

gardar os cambios (arriba a dereita).

Trátase de ir debuxando co rato, guiándote pola traza gps que ti gravaches e engadir a información a través do menú e asistente no lateral esquerdo. Non tes que completar tódolos campos, só aqueles dos que coñezas o seu valor ou entendas o tipo de información que pide. En caso de dúbidas déixao sen completar (esto é o que probablemente despois pregunta StreetComplete.

Tamén podes elexir a opción “facer que alguén revise a miña edición”, para maior tranquilidade e evitar erros importantes.

Horas (ou días despois) esa información estará dispoñible de xeito libre para todo o mundo e ti terás mellores mapas para utilizar na zona en que realizas actividades.

Anímate a colaborar con OpenStreetMap.

Vídeo orixinal de Adam Franco

]]><![CDATA[Add comments FROM FEDIVERSE to Jekyll site ]]>https://fediverse.blog/~/ContribuíndoAoFediverso/add-comments-from-fediverse-to-jekyll-site/2021-01-06T16:25:28.259646+00:00ghosehttps://fediverse.blog/@/xosem/2021-01-06T16:25:28.259646+00:00<![CDATA[
Add comments to static site build on Jekyll

Thanks to @carl and his toot about adding comments to Hugo static site. Read source for deeper understanding.

Comment Jekyll site

with small changes and tweaking the code to my preferences I’ve added the same implementation to this jekyll site.

You can add comments to any page on your site just adding some keys to your page front-matter section.

comments:
show: true
fediHost: linuxrocks.online
fediusername: carl
fediid: 105463655803971969

beware of front-matter formatting (two spaces indent)

show: true/false to control visibility

from your toot

https://linuxrocks.online/@carl/105463655803971969

this toot and its thread will load on your website on demand when pressing LOAD/CARGAR comments button (or any link you may want to use to trigger javascript code).

Page template

Jekyll uses templates and html pages to render content, so you need to add this code (my modified version) wherever you want to render comments.

if section reading show value

page.comments.key to read toot’s key values

{% if page.comments.show %}

Comentarios

Utiliza a túa conta de Mastodon para / Use your Mastodon account comentar esta publicación.

Responder/Reply

Cargar comentarios

Precisas JavaScript para ver os comentarios.

{% endif %}

CSS classes and formatting can be set to better fit into your website.

You have to add purify.min.js and purify.min.js.map to your site to clean and sanitize response from server.

Test it!!

go to the original post on my jekyll blog and comment using your fediverse account

]]><![CDATA[Escritos fantasma - David Mitchell]]>https://fediverse.blog/~/Libros/escritos-fantasma-david-mitchell/2020-11-25T07:37:09.453531+00:00ghosehttps://fediverse.blog/@/xosem/2020-11-25T07:37:09.453531+00:00<![CDATA[
Título: Escritos fantasma (Ghostwritten, 1999)

Autor: David Mitchell

portada, na wikipedia

O libro consta de dez historias independentes, pero que se tocan. Fano dun xeito que fía coa idea que ronda en tódalas historias acerca do azar e as relacións entre os actos e as consecuencias, sobre se estas son inevitables, se forman parte dunha cadea prestablecida, quen controla (se alguén) ditos acontecementos, se podemos saír dela, ou siquera ter influencia nos acontecementos...

Imos arredor do mundo entrando na vida e mente dun personaxe principal como anfitrión do relato. Sexa unha persoa de ciencia cun grande poder para influír na humanidade, sexa unha persoa simple que vive no seu pequeno mundo, cada personaxe mostra o xeito en que se adapta e intenta levar adiante a súa vida.

Algúns relatos son trepidantes, case compartindo a paranoia do protagonista. Outros son máis relaxados, pero se cadra máis profundos, pois a través da simpleza do protagonista afondamos máis nas raíces das cousas importantes da vida.

Okinawa

o universo paralelo no que vive un adepto a unha secta, onde a vontade propia é substituída pola do líder. Delirante, se non fose realista.

Tokio

o autor mostra o seu amor pola música, o jazz en particular, grazas a unha historia iniciática na xuventude.

Neste relato, no de Londres, Hong Kong, pero en xeral en todos, o autor métenos na cidade presentádoa como un actor máis da trama. O carácter do lugar que impregna ou moldea ás persoas.

Hong Kong

un avogado chanchulleiro, en crise existencial, describe o paradoxo e o relativismo das relacións internacionais.

La montaña sagrada

unha das historias máis bonitas, a través dela coñecemos moito da historia China do século pasado, a miseria económica e o terror político.

Mongolia

o autor comeza a saír do carreiro marcado nos capítulos anteriores, e reaparece aquí un elemento interesante, un desos puntos de unión entre as historias que cobrará relevancia no final.

San Petersburgo

semellante a Okinawa no senso da irrealidade na que vive a protagonista, envolta en asuntos da mafia.

Londres

ademáis ser unha guía de viaxe de Londres, o autor mete o acelerador ó tema da predestinación e as consecuencias dos nosos actos.

Clear Island

aquí toma forma o tema da intelixencia artificial e os problemas éticos que xurden cando unha nova tecnoloxía ou ferramenta cambia a relación de forzas entre competidores, sexan persoas ou países.

Tren nocturno

finalmente revélase o produto do capítulo anterior, a través da propia IA asistimos á súa toma de conciencia e cómo nun diálogo cun humano segue a darse forma a si mesma a partir dunha programación básica inicial. Asimov? Si.

Metro

Teño que volver a ler esta coda final, que non entendín o seu significado ou o que aporta ó conxunto da obra.

Conclusión

libro moi agradable de ler, moi ben escrito/editado, con momentos de instropección e outros de humor, descritivo non só dos lugares físicos se non no plano emocional. Resultou desos libros que pillas un capítulo e non podes deixalo a medias.

Máis de David Mitchell

]]><![CDATA[Listen Funkwhale Audio and Podcast with AntennaPod]]>https://fediverse.blog/~/ContribuíndoAoFediverso/listen-funkwhale-audio-and-podcast-with-antenna-pod/2020-11-19T08:35:01.467757+00:00ghosehttps://fediverse.blog/@/xosem/2020-11-19T08:35:01.467757+00:00<![CDATA[
source: https://blog.xmgz.eu/funkwhale-antennapod/

Using AntennaPod as FunkWhale client

AntennaPod is known as The android podcast subscription manager and player.

FunkWhale is a software, part of the fediverse, for storing and serving audio content. It has specific tools for podcasters, the one I want to present is Following (podcast) Chnannels through podcast apps.

Known issue

if channel's instance is set to require being connected (so content is no public available) then in AntennaPod you will be asked for your usename/password on THAT instance in order to access audios.

If no login is required everybody on internet can listen and subscribe to your channel.

So if you're a podcaster read your instance's Terms before creating and account.

RSS source

Every channel on funkwhale has an unique RSS URL you can use to keep updated about that channel. Either using simple rss reader or any other client suitable for receiving updates in rss format.

In Channel's front/info page, look for the RSS Icon and click it.

You'll be presented with three (ATM) options, being RSS feed our focus now.

COPY that url.

AntennaPod

given that content source, go to AntennaPod on your android, open the left panel and tap Add Subscription.

You'll be presented with some suggestions, but in Advanced you can select Add Podcast by URL. Tap on this option, paste your desired channel feed url and confirm.

You'll see the last episodes of this channel and shoud click on Subscribe.

already subscribed to Podcast with Sara V channel, now you can download/listen any episode and receive updates when she uploads new episodes to her channel.

Enjoy and good podcasting!

Bonus Tip: FEDIVERSE!!

the third given option to subscribe to Funkwhale's channel was Subscribe from fediverse. Using the channel's handle you can search on your mastodon/pleroma/friendica/misskey/... client and can subscribe and play episodes directly from your fediverse client.

canle de funkwhale vista na interface de mastodon, podes escoitalo directamente!

]]><![CDATA[Madre Noche - Kurt Vonnegut]]>https://fediverse.blog/~/Libros/madre-noche-kurt-vonnegut/2020-11-01T08:47:26.769886+00:00ghosehttps://fediverse.blog/@/xosem/2020-11-01T08:47:26.769886+00:00<![CDATA[
Título: Madre Noche (Mother Night, 1962)

Autor: Kurt Vonnegut (wikipedia)

portada da 1ª edición, wikipedia

Este libro é unha novela, unha ficción situada arredor da Segunda Guerra Mundial, escrita en primeira persoa como as memorias de Howard Campbell Jr.

Howard está preso en Xerusalén, á espera de xuizo acusado de formar parte da engranaxe política/militar/económica do goberno nazi alemán e para dirimir as súa responsabilidade. Durante esta espera reconstrúe a súa vida dun xeito que poderiamos describir como aséptico, onde non xustifica o seu proceder se non que máis ben explica o seu razonamento para facer o que fixo. Tampouco se desculpa nin cae na postura fácil de dicir que cumpría ordes.

Moi arriba no escalafón do aparato de propaganda nazi, ocupábase tamén da emisión radiofónica en lingua inglesa para todo o mundo. Manter a moral alta, cohesionar á poboación, fomentar o medo, enviar desinformación... todo parte do seu traballo. Máis, ¿para quen traballaba realmente?. A él non lle preocupaba este detalle, os seus problemas personais non estaban aliñados cun ou outro bando, nin outorgaba unha superioridade moral a ningún deles, se tiña ese traballo foi polas circunstancias da vida.

Así, o relato xira en torno ás circunstancias do seu matrimonio e cómo o carácter daquela relación levou a moitos dos sucesos presentes que o teñen preso en Israel.

Ó inicio da novela establece o seu escepticismo sobre a bondade da natureza humana, e ben a dicir que cando hai unha guerra todas facemos o que podemos. Xulgar desde a distancia é moi doado (esto dígoo eu) e no medio dun tsunami o que intentas é manterte a flote.

A guerra é unha merda. Está claro?. Non hai aventura, nin desafío, nin grandeza, e sobre todo non hai honor. É un proceso destructivo a grande escala, onde se te cingues a constructos morais o único que fas e darlle vantaxe ó adversario para que te mate. A guerra son uns empresarios e uns políticos conchavados para enviar a infantería a matar e morrer polos seus intereses. A guerra tamén é defenderte de quen te ataca. Quen atacou primeiro non é tan doado de establecer como parecese a simple vista, non sempre é quen disparou a primeira bala.

O estilo da novela é directo e nada afectado, con consellos de experiencias vividas e moitos momentos de humor cínico. Entretida e doada de ler, non creo que deba ser leída para realizar xuicios morais sobre un ou outro bando. Para eso xa temos a Hollywood.

Estoume situando na equidistancia entre a Alemaña Nazi e Os Aliados?. Non. A vida é máis complicada que as películas ou as novelas e a Historia cóntana os vencedores (das guerras). Estoume a meter nun lío con esta reseña, xa vexo. Un exemplo, voltando a Hollywood, serían os centos de películas de aventuras ambientadas na II WW en contraste á propaganda da industria cinematográfica do III Reich. ¿Qué me estás contando? ¿as risas na cantina bailando coas mozas (sic) dos pilotos da Royal Air Force minutos antes de saír pitando a destruír Dresde? (exemplo da novela). ¿A camadería e amizade forxada durante aquelas semanas de aventuras en Iwo Jima? Non costa imaxinar un musical onde un Einsatzgruppe de guapísssimos arios cruza media Europa de cantina en cantina con alegres muchachas en cada vila que os acollen con agarimo por liberalas do monstro comunista/sionista ata que en Babi Yar, finalmente, dan unha lección exemplar de organización e eficiencia, cun número de baile final memorable.

Non sei por que engadín esta reflexión personal, pero aquí queda.

A partir de esta novela fixeron unha película en 1996.

]]><![CDATA[Historias da túa vida]]>https://fediverse.blog/~/Libros/historias-da-túa-vida/2020-10-12T08:29:08.234359+00:00ghosehttps://fediverse.blog/@/xosem/2020-10-12T08:29:08.234359+00:00<![CDATA[
Título: La historia de tu vida Stories of Your Life and Others (2002)

Autor: Ted Chiang

imaxe do artigo sobre a obra na wikipedia

Ficción especulativa de carácter científico/filosófico en forma de relatos curtos.

i - La Torre de Babilonia

Coidado con interpretar a Deus, igual é un cabronazo que se está a rir de ti. Poste a facer obras e total pa ná. Cosmoloxía traxicómica ambientada no crecente fértil na que os humanos cren entender a obra de Deus.

ii - Comprende

Biohacking con nootropics, que se nos vai das mans.

iii - Dividido entre cero

O colmo dun crente (nas matemáticas), ou cómo debullar os miolos sobre a consistencia (ou non) das matemáticas.

iv - La historia de tu vida

O da tradutora de polbos e que dá título á recopilación.

Explora os conceptos subxacentes á formulación da linguaxe como vía para comunicar e que, ó mesmo tempo, é unha ferramenta que da forma á nosa percepción. Ou como o xeito en que percibimos dá forma a esta comunicación. O ovo e a pita, xa non sei. Interesante e moi ben fiada esta proposición coa estructura da narración, que nun principio non é evidente pero que se revela sutil e agradablemente. Algo así como se o tempo non fose lineal. Algo así. Da película non lembro nada, así que non sei se ten algo que ver (extrañaríame, moita complicación me parece).

ilustración na wikipedia ilustrando este relato, de Hidenori Watanabe

v - Setenta y dos letras

Acerca da manipulación e extorsión capitalista da clase obreira misturada con euxenesia neocon. Protosindicatos ante capitalistas nazis. Máis ou menos. A ciencia é capaz de emular a Prometeo, sen tanta destreza, e xurde o conflito clásico entre usar os avances científicos para esto ou para aquelo.

vi - La evolución de la especie humana

Microrelato onde un grupo de seres humanos trascende en aptitudes cognitivas ó resto da humanidade creando de facto unha especie diferente que, no relato, obvia ás súas orixes. Os humanos normais non son quen de seguir os avances e coñecemento adquiridos polos metahumamos.

vii - El infierno es la ausencia de Dios

Deus 2.0. Aquí si, maniféstase... de xeito contundente, pero críptico igualmente. E claro, aínda non somos metahumamos e non acabamos de entender o obvio. Ou sí, pero igual os intereses particulares non concordan co Plan Xeral da deidade. A voltas coa Fé e sobre se é conscientemente cega, é dicir, se somos ou nos facemos crentes (cegos) e o dilema moral que isto supón.

viii - ¿Te gusta lo que ves? (Documental)

Outro relato de dilemas morais, esta vez a conto de estar programados para apreciar a beleza física das persoas e como isto nos condiciona en todas as ordes da vida. Se tivesemos xeito de instalar un patch ó cerebro que desactivase dito condiconamento, estarías a favor ou en contra?. O relato son as declaracións, argumentos e contrargumentos, experiencias personais, a prol e en contra de dita modificación, escrito a xeito de transcrición dun pseudo-documental.

Opinión

Aínda que escribo con lixeireza un trazo sobre cada relato, teño que dicir que é un libro moi recomendable, tanto pola claridade na exposición dos dilemas plantexados como polo envoltorio en forma de historia en cada un deles.

Son relatos independentes, de lonxitude variable, que ademáis podes desfrutar na orde e ó ritmo que mellor che conveña.

]]><![CDATA[do sofá a 5k]]>https://fediverse.blog/~/RexistroDeCorredora/do-sofá-a-5k/2020-08-16T09:13:17.418317+00:00ghosehttps://fediverse.blog/@/xosem/2020-08-16T09:13:17.418317+00:00<![CDATA[
Fonte

C25K

¿por que este plan?

I am often asked how fast you should run and walk on the treadmill. The answer is that you should run as slowly as possible. In fact, if you can run more slowly, you are probably running too fast. Speed will come over time (after you have finished the program). With the walking, just walk at a nice brisk pace.

Traduzo

corre lento, o máis lento que poidas. Ao que eu engado: mantendo unha postura erguida e firme. Non se trata de ir encorvado, prácticamente sen levantar os pés do chan. Se non es quen de correr ben entón anda durante máis tempo do que indica o plan, pero cando corras faino ben, con respiración suave e postura erguida.

anda lixeiro, non se trata de ser un marchador de competición pero tampouco de parar de correr e poñerse a paso de caracol. Anda como se estiveses indo a un sitio, non de paseo.

Durante 9 semanas, tres veces á semana, incorporamos unha actividade suave.

Os beneficios dunha actividade física moderada e regular non teñen fin.

Do sofá a correr 5 km.

Todo o mundo pode correr. Uns máis rápido e outros máis amodo, uns máis lonxe outros quedamos máis preto.

A evolución dunha situación a outra debe ser progresiva para que o corpo a asimile de xeito saudable.

Sen dúbida, o chanzo máis grande a superar é do sofá a trotar.

"correr", NON "competir"

esto non é un plan para competir ou nin tan siquera para participar nunha carreira de 5 quilómetros. Claro, poderás participar sen problema se así o desexas, pero non é o obxectivo deste plan. Trátase de permitir que o teu corpo se adapte a correr, a coller o hábito de correr e facelo de xeito gradual.

Durante as 9 semanas realizamos 3 veces á semana unha actividade de trinta ou corenta minutos. Podes facela andado/correndo en exterior (recomendable) ou ben na túa propia casa ou ximnasio. Non precisas equipamento adicional, podes facelo no corredor da casa sen problema.

Se o fas dentro da casa recoméndoche facelo descalzo ou con calcetíns (que non esvaren). Na bicicleta elíptica non hai impacto, así que non terás problema.

Recomendación

A título personal recoméndoche que se corres en exteriores o fagas con calzado amplo e flexible. NON merques zapatillas de correr para esto. Nada de control de pronación, ou amortiguación extra, torsión non-sei-que, etc. Se doe, vai máis amodo ou anda durante máis tempo.

Se che sobran, obxetivamente, 30kg. de peso (por dicir algo): NON sigas este plan. Primeiro colle hábitos saudables de alimentación e procura andar uns 40' a diario a un ritmo activo (non só pasear).

Versión CACO

Andar e Correr na rúa ou confinamento style (no corredor da casa!!)

camiña rápido e corre lento, preme na imaxe. fonte

Versión Elíptica ou Cinta

para realizar nunha cinta de correr ou nunha elíptica

camiña rápido e corre lento, preme na imaxe. fonte

Inicia un diario

Xa sexa un documento de texto na computadora, ou nunha folla de papel!, escribe unha breve liña describindo cómo che foi. Uns días serán fantásticos, outros doerache algo, outros describe como foches quen de atopar esos 30' para poder facelo.

Sé flexible e procura deixar un día de descanso entre actividades; non te preocupes se non podes realizar un adestramento cando tiñas planeado, quizais máis tarde no día atopes ese momento, ou se non mañán ou pasado, pero non abandones o plan por estar un par de días sen correr. Se che apetece moito correr pero hoxe non toca adestramento, aproveita para facer unha pequena táboa de ximnasia, pero non te adiantes ó programado.

Ten cabeza. Non te lesiones sobrestimando as túas capacidades e peca de prudente. Ter maniotas pode ser normal, pero se correr che fai dano entón primeiro dedica unhas semanas a andar. Calquera pode correr, pero non hai que subestimar o esforzo que supón correr.

Ánimo!

¿Tes dúbidas?

Non son adestrador, nin fisioterapeuta, nin dietista-nutricionista, nin doutor. Só corro desde hai moitos anos e ofrézoche axuda, podes contactar conmigo de todos estos xeitos.

]]><![CDATA[The Fatburn Fix]]>https://fediverse.blog/~/Libros/the-fatburn-fix/2020-07-22T07:33:55.175232+00:00ghosehttps://fediverse.blog/@/xosem/2020-07-22T07:33:55.175232+00:00<![CDATA[
fonte: https://blog.xmgz.eu

Título: The fatburn fix - web do libro

Autora: Cate Shanahan

Dra. Cate Shanahan, autora de Deep Nutrition publica en 2020 este novo libro dedicado a unha maior comprensión da raíz de moitos dos problemas de saúde que aflixen a millóns de persoas en todo o mundo: hipertensión, diabete, obesidade o problemas de corazón son a manifestación dos estadíos avanzados de todo un conxunto de alteracións metabólicas.

A doutora Shanahan plantexa neste libro a hipótese de que os ácidos graxos de orixe vexetal, en concreto PUFAs [1], usados de xeito abusivo por parte da industria alimentaria (por ser baratos), son o xérmolo a partir do que evolucionan un sen fín de problemas de saúde.

Cita

In The Fatburn Fix, Dr. Shanahan shows us how industrially produced vegetable oils accumulate in our body fat and disrupt our body’s energy-producing systems, driving food addictions that hijack our moods and habits while making it nearly impossible to control our weight. To reclaim our health, we need to detoxify our body fat and help repair our “FatBurn” capabilities.

De xeito resumido ven a dicir que este tipo de ácidos graxos inxeridos mediante os alimentos non forman parte do que o noso corpo espera recibir acorde á alimentación que nos trouxo ata o século XXI. Nin a proporción respecto de outras graxas, nin a natureza das mesmas (procesos indutriais mediante) forman parte do que o organismo humano precisa para realizar de xeito eficiente as diferentes funcións metabólicas.

Back when farms were owned by families and everyone's parents would cook their food from scratch, we all used to eat mostly natural unrefined fats from a variety of animal because that's what farmers grew and that's what everyone's parents knew how to cook. This was how things had been for thousands of years, pretty much since farming was invented at the dawn of recorded history.

Desde as parecedes celulares, fabricación de enzimas, a construcción do propio cerebro e para a produción de enerxía a nivel mitocondrial, o tipo e cantidade de graxas que inxerimos pasará a formar esas estructuras e mediar en todas as reaccións químicas que as manteñen.

Estructura

O libro nunha primeira parte pretende ser didáctico, explicando en termos simples e con analoxías algúns conceptos científicos en absoluto tan doados de entender. Se xa pertences ó grupo de persoas iniciadas nestos temas, algunhas explicacións están moi pilladas polos pelos, ainda que quero crer que é así en beneficio dunha comprensión máis doada.

Por veces resulta repetitivos, xa non nos conceptos, se non o xeito en que che di a mesma cousa tres veces seguidas reformulando a frase ou cunha analoxía diferente. Non son eu editor nin publico libros, así que eles saberán se quen le o libro precisa ser machacado de xeito repetido cos mesmos conceptos. Non é infrecuentes atopar este tipo de redacción noutros libros.

En todo caso, ó final do libro están relacionados moitos recursos para poder afondar no que se explica en palabras comprensibles para o público obxetivo do libro. Abundan os grupos de FB e webs de colegas desto da alimentación máis que ligazóns a estudos científicos.

[...] no other animal needs to contemplate their blood sugar multiple times a day to maintain a decent body composition or oterwise support good health. Why on earth should we?

Na segunda parte do libro, tras os fundamentos teóricos pasamos a poñer en práctica o aprendido. A través de receitas simples, organización semanal, grupos de alimentos que cumpren con maior ou menor rigor os parámetros requeridos, con trucos e consellos de reforzo psicolóxico, imos entón de xeito progresivo cambiando o xeito en que nos alimentamos.

Publica tamén un test de autodiagnóstico sobre o nivel de dependencia dos aceites vexetais e carbohidratos simples para poder establecer criterios obxetivos sobre os que ir baseando a nosa progresión.

Obesidade

Non sendo o peso un obxetivo por si só, será un parámetro que de xeito natural irá evolucionando cara o que se pode considerar como saudable.

No centro do cambio que se pretende está a substitución dos ácidos graxos malos que interrumpen ó noso metabolismo por graxas boas que optimizarán o seu funcionamento. Un dos primeiros cambios que notaremos será un maior nivel de enerxía, actitude proactiva e mellora xeral na capacidade de concentración para realizar tarefas complexas. Win-Win. Este cambio estará marcado por un mellor funcionamento das nosas mitocondrias, un cambio que iniciará unha cadea de cambios a nivel hormonal que restablecerán o xeito en que de forma natural nos debemos alimentar.

Receitas.

En xeral son simples, sen elaboracións complexas, aínda que os ingredientes están centrados no que unha persoa de Estados Unidos pode atopar no supermercado. O importante é entender porque escolle uns alimentos e non outros e con esto xa un pode facer o seu propio menú.

Fasting

Non comer ou xexún. Tamén nos guía e explica os beneficios desta práctica aínda que a inclúe nunha parte xa avanzada do cambio na alimentación. Non recomenda poñerse a facer intermitent fasting nin dietas de déficit calórico así polas boas, se non tras varios meses de outros pequenos cambios. Certas condicións médicas e físicas incluso fan que non sexa segura en determinados contextos.

Resumen

Non atopo nada malo que dicir do libro, quizais certa querencia pola suplementación de minerais e algunhas vitaminas, que xustifica pola perda de calidade dos solos tras décadas de agricultura extensiva e industrial.

O resto paréceme ben pois en xeral o que di é comer alimentos variados, evitando aqueles que non contribúan a un metabolismo saudable das graxas.

Se algo me resultou novedoso foi o xeito en que explica o seguinte:

Primeiro, o sabor doce libera hormonas que bloquean a queixa de graxas. Non é só o azucre quen fai que o pancreas libere insulina: é calquera cousa cun sabor doce. E lembra, a insulina enlentece a liberación de graxa dos teus depósitos de graxa. Noutras palabras, engadrille edulcorantes artificiais á auga e beber esa auga doce bloquerá a queixma de graxa incluso se ten cero calorías. Ademáis, cando comas ou bebas algo que enlentece a liberación da túa propia graxa cabe agardar que pronto voltarás a sentir fame. Así que beber bebidas artificialmente edulcoradas cando tes fame pode facer que voltes a ter fame moi pronto.

Xa lera sobre esto de que comer algo doce aínda que non teña calorías, ou incluso a anticipación de que en breve comerás algo doce, inicia unha cadea de reaccións e estimulación de hormonas e enzimas que en certo grao inhiben a utilización da graxa corporal como combustible. Así que nada de auga con gas e edulcorantes engadidos (gaseosa).

La Pitusa

]]><![CDATA[Tipografía personalizada en páxina web]]>https://fediverse.blog/~/ContribuíndoAoFediverso/tipografía-personalizada-en-páxina-web/2020-04-12T09:28:16.666167+00:00ghosehttps://fediverse.blog/@/xosem/2020-04-12T09:28:16.666167+00:00<![CDATA[
Documentando o cambio de tipo de letra utilizado neste blog

Anteriormente

fonte para textos e menús Merriweather

fonte para títulos Open Sans

fonte texto sen formato Inconsolata

Estas tres tipografías estaban incrustadas no código do blog a través dunha ligazón a web de google

<link rel="stylesheet" type="text/css" href="//fonts.googleapis.com/css?family=Merriweather:300,700,700italic,300italic|Open+Sans:700,400" />

cada vez que alguén visita o meu blog (!), éste realiza unha petición ao servidor de google para que sirva o tipo de letra indicado. Ao realizar esta petición google obtén información acerca das persoas que me visitan, é dicir, estou dando datos teus a google.

Qué datos?

Google e outras empresas, colocan de xeito máis ou menos público código na gran maioría de páxinas web que visitamos. É un acordo comercial entre as empresas que se dedican a comerciar cos nosos datos (e vailles ben, se nos fixamos na capitalización bursátil) e quen publica a web. É o xeito máis productivo de extraer información.

Pero hai xeitos máis discretos e transparentes, normalmente por ignorancia de quen os utiliza como poden ser os malditos reCaptcha e ferramentas gratuítas como poden ser os repositorios variados que empresas poñen a nosa disposición. Por exemplo: as tipografías de google ou os sitios de aloxamento de imaxes (as de este artigo non están ahí).

De xeito xenérico, envíase:

a túa IP (o teu enderezo en internet, que o teu provedor de internet pode ligar a túa localización física e, se quere, venderlle esta información a google)

identificadores do teu navegador (tipo, plataforma, engadidos, ...)

cantas veces e con qué frecuencia visitas a miña web

a qué horas e desde qué dispositivos

etc.

google ou calquera outra empresa ten os métodos para engadir esta pouca información (aparentemente) a súa base de datos onde nos teñen fichados, e cómo teóricamente podemos reducir esa cantidade de datos.

É dicir, fago esto por respeto hacia ti.

Cambiando a fonte

pero esto non vai de surveillance capitalism, vai do cambio de tipo de letra que utilizo no blog.

Alegreya

Pois si, Alegreya, a do kindle. Utilízoa para os textos dos artigos e menús.

Alegreya Sans

Para títulares, ligazóns a metadatos, etiquetas, etc.

Consola Mono

Consola Mono para texto sen formato e código.

Procedemento

esto é válido para calquera web, pero deixoo cómo referencia para min.

obter a fonte no formato(s) que estimes. Normalmente otf, ttf, woff, woff2 e mételos nunha carpeta accesible polo servidor. Son ficheiros pequenos.

na folla de estilos .css da web engades a ligazón a fonte

@font-face {
font-family: 'AlegreyaSans';
src: url('https://oteusitio.web/ruta/a/ficheiro_fonte_alegreya_sans.woff2') format('woff2'),
url('https://oteusitio.web/ruta/a/ficheiro_fonte_alegreya_sans.woff') format('woff');
url('https://oteusitio.web/ruta/a/ficheiro_fonte_alegreya_sans.ttf') format('ttf');
font-weight: normal;
font-style: normal;

engadindo algunha outra característica que creas oportuna (e soporte o estándar).

na páxina onde queiras utilizar esa letra engades a ligazón a folla de estilos no header

<link rel="stylesheet" type="text/css" href="https://oteusitio.web/ruta/a/estilo.css" />

se só a queres utilizar para un determinado elemento da páxina (por exemplo os títulos) indícalo na folla de estilos

h1, h2, h3,
h4, h5, h6 {
[...outras características...]
font-family: "AlegreyaSans", sans-serif;

Outras tipografías

Probei tamén con Munson e Ysabeau, pero non me gustaba o espazo entre letras e os títulos quedaban demasiado remarcados en pantallas con pouca resolución.

Que digo eu que igual che parecen todas a mesma e que tanto traballo pa'qué!? :p , pois por exemplo para gastar unha mañán da corentena polo covid-19.

]]><![CDATA[Cocer pan na casa a partir de lévedo artesán]]>https://fediverse.blog/~/ContribuíndoAoFediverso/cocer-pan-na-casa-a-partir-de-lévedo-artesán/2020-04-07T07:07:30.995955+00:00ghosehttps://fediverse.blog/@/xosem/2020-04-07T07:07:30.995955+00:00<![CDATA[

molete feito a partir do meu lévedo

Lévedo caseiro

O lévedo preciso para a fermentación da fariña e facer o pan é un organismo vivo, composto por milleiros de microorganismos. Podes mercar lévedo industrial xa preparado ou partir dos elementos básicos para obter o teu propio lévedo, alimentalo, coidalo e utilizalo para cocer o teu propio pan.

Tamén se coñece como Masa Nai, pois dela tomaremos parte para elaborar o noso pan e gardaremos outra que seguiremos coidando e tomando parte para facer máis pan.

na imaxe vense dous envases de vidro onde comecei o proceso de fermentación

Procedemento

Ingredientes

fariña

auga

un envase

En 2013 escribimos unha entrada no blogue CultivaeCome sobre este tema. Refrescamos a experiencia, xa que estamos confinados e... non perdemos o tempo con outras cousas, eu que sei.

A fariña da que partir, en principio, da igual, pero tendo en conta que os "bichiños" que queremos para fermentar masas abundan máis na casca dos cereais, mellor usar unha integral. A de centeo seica é coñecida por ser mellor, polo menos para iniciar o proceso. Unha vez detectado que hai vida (burbullas), podes continuar o proceso con fariña branca de trigo, convencional, todouso.

Polo que comentaban estes días no twitter (o que me animou a facer isto,todomal a.k.a Tawil en twitter), as fariñas "eco" non son as mellores, curiosamente... igual teñen demasiada diversidade microbiana, ou vai ti saber, pero é certo que non dan bos rendementos, e poden botar a perder un lévedo. Daquela, o que eu fixen no paso 1 é coller un bote de vidro e mesturar unha cullerada de fariña de centeo con "un chupo" de auga, a ollo. Queda un engrudo líquido. Deixa sen pechar de todo o bote a descansar 24 horas. Eu fíxeno pola mañá, ao erguerme, así o primeiro que fago antes de almorzar é alimentar o bicho. Nas primeiras 24 horas igual non notas nada, dependerá de moitas cousas, entre elas, a temperatura do lugar no que teñas o bote.

O que adoita pasar é que separan 2 fases: decanta embaixo un engrudo brancuzco e flota por enriba unha pequena capa de auga máis ou menos escura.

Toca entón iniciar o segundo paso, que básicamente se repite durante 3-5 días, dependendo de como ula. Hai que tirar esa auga e parte do engrudo, e botar fariña nova (60g) e auga fresca (60 g) sen cloro. E deixa repousar de novo. Neste primeiro refresco xa non usei fariña de centeo, se non fariña triga panificable "El molino del abuelo", que era a que tiña aberta.

O que denota que vai ben é como ule, arrecende a algo que semella pan, con notas de cervexa ou viño, e hai quen di mel... en calquera caso, un olor a fermentado agradable. Se lle notas un tufo acedo, tira con todo e empeza de novo.

A medida que a cousa evoluciona, deixa de formarse esa fase acuosa da superficie, e só ves burbullas máis ou menos rápido. Ao mellor en 12 horas xa está a tope de fermentación, iso vaino tanteando. Cada 24 horas (ou así) retiras entón a metade máis ou menos, e engades outros 60+60 de fariña e agua, para alimentar e refrescar, e así 5 días. Ou menos. Se resultou ser moi exitoso, ao mellor en 3 días xa tes un bo fermento. Sábelo se burbulla moito moi rápido. Se colles unha culleradiña de fermento e a botas nunha taza de auga, e flota, está listo e activo para usar.

Que facer co que tiras cada día? Pois muffins estilo inglés (media taza de fermento-refugallo, 2 tazas de fariña e 2 de auga, un chisco de sal, un chisco de bicarbonato e botar nunha tixola a lume suave), tortiñas... whatever, pero que saibas que non tes por que tiralo.

O Pan

A masa levedando, óleo sobre tea. Mestre Flamenco (s.XVII)

A idea de usar isto é obter un pan aromático e con sabor intenso, algo acedo, así que terá fermentación longa. Polo tanto, non necesitas moito fermento. Para o da foto inferior no forno, había uns 60 g de fermento en 500 de fariña e 500 de auga. Resultou unha masa de moita hidratación, difícil de manexar se non es experto. Hai que deixar que levede 3-4 horas antes de lle botar sal (uns 10g), amasar e formar (darlle plegados sobre si mesmo), e deixar levedar no refrixerador toda a noite.

Outro que fixen, o molete de arriba de todo, cun proceso algo diferente, levou só 10g de fermento en 100 de fariña e 60 de auga que estivo 24h a traballar, e que logo mesturei con 500 de fariña e 320 de auga... hai moita variedade de receitas e posibilidades. Se a hidratación do pan non pasa de 65% ou así, é máis fácil de manexar, en principio.

pan no forno, jpg. Instagramer (s.XXI)

O de darlle forma, plegando a masa sobre sí, é determinante para como sairá despois a miga. Así que se non plegas ben, ainda que o fermento traballe estupendamente, a miga non será "desa que esfreba", ou con ollada...

o resultado final, xa enfriando

Neste en concreto paseime coa auga, non gardei ben a proporción fariña: auga, e a miga resultou algo abecerrada. Sabrosa, pero non ten ese punto que buscaba de esponxosidade.

Polo que vin, para fermentacións tan longas, unha fariña con máis forza axuda... terei que probar. Isto é un vicio, e unha vez que logras un fermento, consérvalo indefinidamente, alimentándoo cada día, ou gardando no refrixerador, e fas mil probas: con distintas fariñas, distintas proporcións de auga, distintos tempos de fermentado. Agora estou cunha proba que ten un tempo de fermentación medianamente longo, dunhas 8 horas, e menos hidratado, pero igualmente con fariña todouso, branca. Porei fotos... se sae ben :P

corte transversal, do pan que lle botei máis auga

o molete da primeira imaxe, moito máis do meu gusto, tamén cortado

Contacto

Se queres comentar ou precisas algunha aclaración, contacta conmigo no fediverso.

Imaxes @drupas

Texto @drupas / @xosem

]]><![CDATA[La quinta estación - N.K. Jemisin]]>https://fediverse.blog/~/Libros/la-quinta-estación-n.k-jesimin/2020-04-03T07:02:54.895295+00:00ghosehttps://fediverse.blog/@/xosem/2020-04-03T07:02:54.895295+00:00<![CDATA[
Título: La quinta estación (The fifth Season)

Autora: N.K. Jemisin

Primeira novela da serie The Broken Earth

Sinopse

Así es como se acaba el mundo… por última vez.

Ha dado comienzo una estación de desenlaces. Empieza con una gran grieta roja que recorre las entrañas del único continente del planeta, una grieta que escupe una ceniza que oculta la luz del sol. Empieza con la muerte, con un hijo asesinado y una hija perdida.
Empieza con una traición, con heridas latentes que comienzan a supurar. El lugar es la Quietud, un continente acostumbrado a la catástrofe en el que la energía de la tierra se utiliza como arma. Y en el que no hay lugar para la misericordia.

In this Hugo-Award-winning series, there will be war all across the Stillness: a battle royale of nations for the resources necessary to get through the long dark night. Essun does not care if the world falls apart around her. She’ll break it herself, if she must, to save her daughter.

Opinión

Cando te pos a ler unha serie de libros ambientada nun mundo con referentes xeográficos, políticos e históricos alleos a cultura popular actual, comprendes que a autora tome o seu tempo para ubicarte. Vai introducindo con sutileza ese mundo ao tempo que fai avanzar as tres historias que compoñen esta primeira novela.

Eu imaxino un mundo pre-industrial, con unha estructura social moi compartimentada e cuns roles claramente establecidos. Resultoume confusa a referencia a certos elementos tecnolóxicos (falan da electricidade, de análises de sangue, control da xeotermia, etc.) pero desprázanse a pé durante grandes distancias e tampouco teñen sistemas de comunicación a distancia.

La Quietud (ese mundo) sofre cada certo tempo, aparentemente de xeito aleatorio, unha catástrofe natural causada pola dinámica da xeoloxía do planeta. Estos sucesos desencadenan cambios económicos e políticos que marcan os períodos históricos.

Existe entre a poboación certo número de persoas que posúen de xeito natural certo control sobre as forzas que animan os cambios no planeta. Forman, por así dicilo, unha casta de seres que deben ser domados ante a potencialidade catastrófica do poder que atesouran. Xurde o conflicto cando non todos estos seres acatan esta sumisión e cando algúns deles descobren unha conexión cun enormes obeliscos de pedra que aumentan o seu poder.

Essun é unha desas persoas, un oroxén, e nesta primeira novela é a protagonista actuando como nexo entre as tres historias aparentemente paralelas.

conclusión

Unha novela moi decente e escrita con tino. Deixase ler sen problema e non ten florituras pretenciosas. É máis, diría que está moi ben dosificada a trama levándote hacia un cliff hanger final emocionante.

Despois de tanto tempo dei rematado unha novela :( . Xa é algo.

]]><![CDATA[Asistentes de AUR!?]]>https://fediverse.blog/~/ContribuíndoAoFediverso/asistentes-de-aur/2020-03-31T07:11:18.261126+00:00ghosehttps://fediverse.blog/@/xosem/2020-03-31T07:11:18.261126+00:00<![CDATA[
Asistentes de AUR? Para qué!?

Esta mensaxe de @demoakracia lamentando a desaparición de outro asistente de aur é o motivo de darlle forma de artigo as notas que tiña para uso personal.

AUR é un repositorio de software para Archlinux e distribucións derivadas. Nel podemos atopar aplicacións/programas que, por razóns variadas, non están incluídas e mantidas nos repositorios oficiais. Son paquetes que usuarios (tras un procedemento de admisión e revisión) poñen a disposición das usuarias para instalar no seu sistema arch.

O procedemento é doado, pero lendo a explicación da wiki, con todas as opcións dispoñibles, parece un pouco intimidante e con altas posibilidades de facelo mal.

Porén, aquí unha especie de TL;DR das instruccións oficiais que en calquera caso deberías ler, pois é axudarache a entender o que fas.

TL;DR de TL;DR

git clone url
cd package_name
makepkg -sic

pero aquí vai o procedemento un pouquiño polo miúdo

traer o paquete

Cando en AUR entras na páxina do paquete que queres instalar tes dúas opcións para traelo ao teu equipo.

git clone url

download snapshot

Unha vez tes o paquete o procedemento é igual (tras descomprimir no segundo caso), centrareime no primeiro pois con git é máis rápido e facilita as actualizacións.

NON root

Executa as instruccións co teu usuario normal nun terminal do sistema, crea un cartafol específico (se queres) para os paquetes de AUR:

mkdir AUR * (opcional)
cd AUR

e entramos nel

* (ou o cartafol desexado)

Cada paquete en AUR ten a súa ligazón git

git clone https://aur.archlinux.org/package_name.git (clonar o repositorio)

Para actualizacións, posteriormente, utilizarás git pull sen o URL.

Entra no cartafol que git crea para o paquete

cd package_name

(opcional) ver o PKGBUILD

less PKGBUILD

(opcional) en actualizacións

git show (para ver as diferencias)

instalar (actualizar)

makepkg -sic

i: instala

s: encárgase das dependencias

c: limpa os ficheiros temporais

Recibirás un aviso se s detecta de que falta algún paquete, deberás instalalo para poder seguir adiante.

Desinstalar

directamente con pacman, sen ser preciso estar na carpeta creada para o programa en cuestión

pacman -Rs paquete

o parámetro s fai que desinstale tamén os paquetes que non son precisos para outros programas.