Cuatro Monedas

...y otras locuras sobre el amor y el fin del mundo - Claudio Amodeo

Autor: Claudio Amodeo.

Portada en Lektu-Cuatro monedas

Enlace a libro

Sinopse

Siete relatos fantásticos, escritos a lo largo de la última década que buscan inquietar al lector y transportarlo a un mundo distinto, donde la realidad se encuentra trastocada, deformada y por momentos, irreconocible. Siete relatos atravesados por una inquietud latente y perturbadora: la posibilidad del fin del mundo. Siete relatos reconocidos por su calidad literaria y galardonados en diferentes certámenes españoles, como el premio Alberto Magno de la UPV, el premio Domingo Santos o el certamen Terbi de Relato Fantástico, entre otros.

Siete relatos sobre el amor y el fin del mundo:

  • Cuatro monedas y el fin del mundo, ganador del premio Terbi 2017

  • Todos aman a Gupta, finalista del premio Avalón 2012 y Domingo Santos 2013

  • Las invasiones concéntricas, finalista del premio Alberto Magno 2011

  • La imposible mujer menguante y Huevo de Pascua, ambos publicados en Visiones 2008 y 2015, respectivamente

  • Partículas, finalista del premio Cryptonomikon 3

  • O de Orange, finalista del premio CifiCom 2016

Fonte: Lektu

Recopilando

O subtítulo de "...y el fin del mundo" semella un engadido publicitario, como para chamar a atención. O do "amor" dáse por suposto que é así 😉

O anterior só é unha maldade, pois nos relatos abundan as relacións personais que ligan aos personaxes dentro de cada relato. Estas relacións poden definirse como amor en moitos casos. Mais a apelación ao fin do mundo paréceme un pouco máis fóra de lugar.

As sete historias son independentes entre si, escritas durante unha década (como di na sinopse) e teñen en común o xeito en que se coloca aos personaxes en situacións fronteirizas. A fronteira pode ser entre a vida e a morte, nun camiño de ida e volta, ou ben no momento dun salto tecnolóxico importante no eido da AI cando non un espazo-tempo pouco convencional.

Este formato é moi acaído, útil para presentar unha trama a desenvolver en pouco tempo (poucas páxinas) ao mesmo tempo que o tema subxacente da sentido e forma ao que acontece. Tras cada relato o autor escribe unhas letras explicando o concepto que intentou transmitir na obra así como o xeito en que xurdiu a idea para escribirlos.

Como pode parecer normal a min gustáronme uns máis que outros, pero recoñezo que o desfrutei máis do que agardaba (prexucios meus).


Photo superior: by Adrian Dascal on Unsplash